As obras da autovía seguen a causarlle numerosas molestias os veciños

    obraspontedeteautova_23100.jpgRIANXO > Os prexudicados nesta ocasión son un grupo de veciños do lugar de Ponte de Té que, debido á construción dunha presa na canle do río, ven en perigo as súas vivendas ante posibles inundacións.

    Ó redor duns dez veciños do lugar de Ponte de Té en Taragoña levan varias semanas preocupados. A construción dunha presa no río Té por parte da empresa construtora da autovía para o acceso dos camións é o foco do problema. Consideran que o recheo pon en perigo as súas vivendas, pois a inminente chegada das chuvias, así como a subida das mareas, pode traer consigo as temidas inundacións. O pasado inverno algún destes veciños xa sufríu nas súas propias carnes as enchentas, polo que estas obras agudizan as súas preocupacións.

    Reunión co alcalde

    Os veciños xa presentaron as correspondentes denuncias ante o Seprona e o propio concello rianxeiro, aínda que polo de agora están a espera de que lles dean unha resposta ó problema. Neste sentido teñen previsto nos próximos días manter unha xuntanza co alcalde co fin de que lle busque unha solución satisfactoria.

    Apoio do PP 

    Do problema tamén se fixo eco o grupo municipal do PP que ten previsto presentar unha moción no vindeiro pleno sobre este asunto, interesándose polos motivos que levaron á invasión do río Té e no caso de que se produzan inundacións quen se responsabilizará dos posibles danos que se lle produzan ós veciños.

    Redacción Barbanza