![]()
PONTEVEDRA> 15 detidos na redada efectuada en 2006 no poboado do Vao (Poio) foron hoxe condenados a penas de 3 a 4 anos de prisión tras recoñecerse culpables.
{flowplayer}images/salnes/xuizo_redada_vao.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra arrancou hoxe o xuízo da operación Volusia, coomo se denominou a redada que se fixo no poboado xitano do Vao, en Poio, e que acabou con 19 detidos. O maxistrado José Juan Barreiro condenou a penas que van de tres a catro anos de prisión e multas de 2.000 a 40.000 euros a 15 dos procesados.
Estes recoñecéronse culpables dun delito contra a saúde pública, o que propiciou unha rebaixa da pena inicialmente solicitada polo fiscal antidroga, Marcelo Azcárraga. A maioría destes condenados pertencen a tres familias xitanas residentes no Vao.
A operación Volusia iniciouse en 2005, tras un seguimento feito a unha veciña da parroquia pontevedresa de Mourente que supostamente recibía droga procedente de Pontecesures e Cambados e que vendía no Vao. Tras solicitar o fiscal a audición das escoitas telefónicas, esta muller recoñeceu que concertara a compra e venda de droga con dous arousáns e un colombiano, tamén detidos na redada. Na vista de hoxe, os tres aseguraron que non tiñan nada que ver con negocios de droga e cren que a muller de Mourente foi presionada pola policía para acusalos. O xuízo retomarase o xoves xa só con estes tres procesados.
Hoxe só se sentaron no banco dos acusados 18 dos detidos en 2006, unha das procesadas non acudiu por problemas de saúde e a causa contra ela queda en suspenso á espera de que poida ser xulgada. A Audiencia solicitara para este xuízo un forte dispositivo de seguridade que non tivo que intervir.
Redacción Salnés







