BARBANZA> A Federación Galega de Confrarías segue á espera de resposta sobre o Plan de Xestión da Raia. Os pósitos demandan que a pescaría non peche en xuño senón que se poida repartir ó longo de todo o ano. Segundo os datos oficiais, ata o momento se ten consumido o corenta por cento de cota. A proposta do sector contempla o reparto da cota da raia por meses e topes diferenciados para arrastre e artes menores. Evitaríase así o peche da pescaría en xuño, como ven acontecendo nos últimos anos.Trala publicación de dous borradores e a presentación de alegacións, a federación galega segue á espera de resposta por parte da Secretaría Xeral de Pesca posto que, ata o momento, non se teñen tomado en conta as demandas do sector. Os produtores apoian a viabilidade da súa proposta nos datos posto que ata o momento tan só se leva consumido o corenta por cento do stock. Polo momento a única notificación que recibiron foi o peche da raia mosaico que non se pode capturar dende onte mesmo. con respecto ás outras variedades da especie seguen sen contestación.
Inicio BARBANZA