A subida de impostos no Concello de Cambados se discutirá no vindeiro pleno

    tourisenpleno100_231007.jpgCAMBADOS> O Goberno local de Cambados subirá un 2,2 por cento diversas taxas e impostos municipais, entre elas a distribución…

    …de augas e sumidoiros, a depuración ou a ocupación de vía pública con terrazas, escaparates ou quioscos. A proposta será debatida no pleno deste xoves. A Corporación de Cambados debate este xoves en pleno a actualización de diversas taxas e impostos municipais. O goberno local propón unha suba dun 2,2 por cento equivalente ó IPC interanual correspondente ó mes de agosto.

    Este é o caso, por exemplo da distribución de augas, pola que cada domicilio paga hoxe 41,88 euros, ou tamén o servizo de canalización de sumidoiros, que custa actualmente 113 euros por alta e 21 euros por conexión. Outra das taxas que se van a actualizar é a de ocupación de terreos de uso público local con mesas ou cadeiras. Actualmente págase entre uns 21 euros e medio por metro e ano nas rúas de primeira, ata os 11 euros nas rúas de terceira.

    No caso de vitrinas e escaparates os establecementos viñan pagando algo máis de 5 euros e medio por metro nas rúas de primeira, 3 con 41 nas de segunda e 2 con 27 nas de terceira. As licenzas ou autorizacións de autotaxis, a grúa ou o servizo da praza de abastos e mercado tamén se actualizarán.

    Redacción Salnés