O Consorcio tamén se opón á unha gran área comercial

    CAMBADOS> O Consorcio do Comercio do Salnés apoiará plenamente á Asociación Comercial Zona Aberta de Vilagarcía na súa oposición á implantación de unha posible futura área comercial neste Concello. A este respecto, piden ó rexedor vilagarcián que se postule se defende ou non ó comercio local. O Presidente do Consorcio do Comercio do Salnés, Marcos César González, ven de pronunciarse a cerca da posibilidade de que se implante unha gran área comercial en Vilagarcía. Cre que as propostas son reais pero o que lle estraña é que entre os posibles pretendentes soa o nome de Alcampo, a mesma que quería instalarse en San Miguel de Deiro, en Vilanova, e contra a que levan anos pleiteando. González pide ó Alcalde de Vilagarcía que acceda a reunirse ca Asociación comercial Zona Aberta para darlle explicacións de primeira man. Coñece a normativa autonómica que permite instalar áreas comerciais en calquera concello galego, pero pensa que esta non pode ser a escusa do Alcalde para non posicionarse a favor dos comerciantes locais. Desde o Consorcio anuncian que Zona Aberta non vai a estar soa nesta loita, contarán co respaldo do resto do tecido comercial da contorna. Respecto ó recurso que o Consorcio ten interposto contra Alcampo polo seu intento de instalarse en Vilanova nada se sabe. Levan agardando o pronunciamento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde xaneiro e a día de hoxe aínda non saben nada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/marcos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/marcos_gonzalez_centro_comercial.mp4{/flowplayer}