Desartellado un importante punto de venda de droga en Ribeira

    drogasladearousa_100_26100.jpgRIBEIRA > A Policía Nacional de Ribeira detivo unha veciña da localidade, acusada de tráfico de drogas.

    Con este arresto dase por desartellado un punto negro de venda na cidade ribeiresa.

    Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Ribeira detiveron hai uns días a unha veciña da localidade, de 59 anos de idade e que responde ás iniciais de M.D.P.T., por un presunto delito de tráfico de estupefacientes.

    Á detida, propietaria do bar sito na praza de Compostela ‘LUA DE AROUSA’, fóronlle intervidos no interior do seu establecemento, un total de 24.5 gramos de cocaína distribuidos en tres paquetes, e 1.400 euros en efectivo.

    A dous dos clientes que se atopaban no local tamén lles foron intervidos 1.9 e 0.6 gramos de cocaína, respectivamente, sendo propostos para sanción á Subdelegación do Goberno da Coruña.

    A detida, que carecía de antecedentes policiais, xa pasou a disposición do Xulgado de Instrucción Primaria número 3 de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión. Con esta detención, a Policía Nacional ribeiresa considera desartellado un importante punto de venda de droga no municipio.

     Redacción Barbanza