Corrubedo unirase o 4 de novembro contra o Plan Acuícola

    manicorrubedo_261007.jpgRIBEIRA > A marcha terá como lema ‘Non ó Plan Acuícola, pola túa costa, polo teu mar’.

    Esta tarde tiña lugar unha rolda de prensa para dar a coñecer á opinión pública a mobilización convocada para o vindeiro domingo 4 de novembro en Corrubedo. A marcha está convocada por diversas plataformas veciñais da zona e tamén grupos ecoloxistas que se posicionan en contra da construción de piscifatorias en zonas integradas dentro da rede natura como é o caso de Laxe Brava. Son moitas as razóns que esgrimen para opoñerse á declaración de proxecto de incidencia supramunicipal e de interese publico que pretende darlle a Consellería de Pesca.

    Segundo eles o Plan non contribuirá ó desenvolvemento social e económico da zona, entre outras cuestións pola escasa creación de postos de traballo que requiren estas instalacións. Outro dos problemas ós que aluden e que os veciños e visitantes veríanse privados do desfrute dun tramo de costa dun indubidable valor ecolóxico e medioambiental. Por todas estas razóns fan un chamamento á participación nesta mobilización o vindeiro domingo 4 de novembro.

    Redacción Barbanza