Seis embarcacións inauguran a campaña da vieira en Rianxo

RIANXO> Esta semana arrancou a campaña da vieira en Rianxo. Nestas primeiras xornadas tan só se sumaron seis embarcacións á actividade cun tope diario de mil quilos.

Seis embarcacións inauguraban este mércores a campaña da vieira de Rianxo . Os resultados iniciais foron positivos polo que a actividade se prolongará ata mediados de xaneiro.

Nas semanas fortes de Nadal, o cupo incrementarase ata tres mil quilos diario. O que non sufrirá subas será a cotización posto que a confraría e a empresa de evisceración pactaron o prezo para toda a campaña.

Dende a confraría de Rianxo seguen apostando por unificar os plans de Rianxo e de Cambados para repartir o cupo entre tódalas embarcacións, cun resultado máis rendible para os traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí