Luz verde ó PXOM da Pobra

    pxompobra_100_291007.jpgPOBRA > A consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia deu a aprobación definitiva ó Plan Xeral de Ordenación Municipal da Pobra. Aínda que o sí o PXOM pobrés é defitinivo, …

    … tamén é parcial, pois a ampliación de seis núcleos rurais do municipio non contaron co visto bo da Dirección Xeral de Urbanismo, que dirixe Ramón Lueje Espina.

    O concello pobrés vai seguir traballando para que a ampliación destas seis zonas rurais da Pobra tamén consigan o visto bo da Dirección Xeral de Urbanismo.

    Ampliación do Polígono Industrial 

    Esta orde do 25 de outubro da consellería de Política Territorial supón un importante paso adiante para A Pobra a nivel urbanístico, para que se poidan seguir concedendo licenzas de construcción. Pero tamén a nivel industrial, pois esta aprobación do Plan Xeral inclue asemade a ampliación do polígono industrial da Tomada en cen mil metros cadrados máis con terreos anexos. O PXOM, ademais de dar luz verde a esta ampliación, recolle outras normas que contribuirán ó crecemento sostible da Pobra.

    Xaneiro de 2008

    Se todo continua agora polos cauces normais, o Plan Xeral de Ordenación Municipal da Pobra será publicado no DOG e en xaneiro de 2008 estará xa en vigor. Deste xeito, a Pobra será o primeiro concello litoral de Galicia en ter o PXOM en regla e adaptado a todas as normativas vixentes.

    Redacción Barbanza