Boiro será escenario este domingo do V Trofeo Patrocinador

BOIRO> A proba, presentada esta mañá, está organizada polo Club Ciclista Barbanza. Competirán ó redor duns 170 corredores nas categorías master 30, 40, 50 e 60, e tamén xuvenís.

Esta mañá presentábase no concello de Boiro a quinta edición do Trofeo Patrocinador. A proba organizada polo Club Ciclista Barbanza desenvolverase o vindeiro domingo 27 de xuño. nela tomarán parte ó redor duns 170 corredores pertencentes ás categorías master de 30 a 60, e tamén xuvenís.

Dende o Concello animaron ós veciños a disfrutar deste evento deportivo, un dos moitos que se levan a cabo no municipio.

O inicio da proba está previsto para as dez da mañá, con saída e chegada na praza do Concello. Unha vez rematada, ó redor da unha e media, nese mesmo escenario, procederase á entrega de trofeos ós gañadores de cada categoría.