O pleno de Ribeira aproba a subida de ordenanzas fiscais

    plenoribeira.jpgRIBEIRA> A corporación de Ribeira aprobou onte a modificación de diferentes ordenanzas fiscais do concello, que subiron en xeral o que subeu o IPC español. Nesta modificación

    … de taxas tamén se incluiron bonificacións para algunhas delas, como unha no ICIO para aquelas construccións que utilicen enerxías renovables ou no imposto de circulación dos coches menos contaminantes.  

    A modificación das ordenanzas fiscais do concello de Ribeira contou cos votos a favor de PP e IPdeR e en contra de BNG e PSOE. Estes dous grupos da oposición ribeiresa posicionáronse en contra da subida porque cren que a alza das taxas deberíase referenciar ó IPC galego e non o de todo o conxunto do estado. Á taxa de ocupación da vía pública aplicouselle un incremento maior ó IPC para evitar abusos como os que se estaban producindo nalgunhas rúas da cidade con determinadas obras que invadían beirarrúas e calzadas.

    {flowplayer}plenoribeira.flv{/flowplayer}

    Mocións

    A sesión plenaria de onte caracterizouse tamén polo elevado número de mocións presentadas a debate polos grupos políticos, pois dos catorce puntos, doce eran mocións. Aínda que o pleno se prolongou ata as doce e media da noite, só se puderon tratar os oito primeiros puntos, xa que o debate de cada unha das mocións foi bastante extenso.

    O pleno ribeirés aprobou por unanimidade a moción presentada polo PSOE para a desafección duns terreos de Portos que se destinarán á construcción dun novo mercado, unha moción de IPdeR na que se solicitaban unha serie de melloras para a parroquia de Castiñeiras e a moción do PP que solicitaba o arranxo dos problemas de deslinde nos Areeiros e en Palmeira.

    O punto no que se solicitaba unha reunión da xunta consultiva do Parque Dunar de Corrubedo para tratar diferentes problemáticas obtivo case a unanimidade, con voto en contra do único edil socialista que quedaba no pleno, Xosé Vicente Domínguez.

     

    Redacción Barbanza