![]()
RIBEIRA > O parque periurbano de San Roque foi este sábado o lugar escollido polo executivo local para a celebración da I Festa da Xuventude.
O bo tempo provocou que foran moitos os rapaces de Ribeira que se desprazaran, tanto na xornada de mañá coma na de tarde, ata o parque periurbano de San Roque para participar nos actos organizados dende os departamentos de Cultura e Xuventude de Ribeira co gallo da celebración da I Festa da Mocidade. E que mellor espazo ó aire libre que este no que desenvolver todo tipo de actividades, dende exhibicións equinas, pasando por xogos populares, talleres e obradoiros de distinto tipo e mesmo música. Na xornada da mañá, menos concorrida, houbo inchables para os máis pequenos, exhibicións de descenso de bicicletas e de motos de trial, así como tamén paseos a cabalo. Os afeccionados á artesanía tamén tiveron o seu día, con postos nos que se podía ver e mesmo participar na elaboración de distintos obxectos de coiro ou mesmo instrumentos de música tradicional. Para repoñer forzas entre todo isto, celebrouse unha gran churrascada de balde para tódolos participantes.
Boa música
A música tivo tamén o seu protagonismo coa actuación do grupo tradicional A Gandaina de Palmeira e tres bandas de rock local: The Alekrins, Os Tutos d Spinal Wins, que se encargaron de anima-la xornada. O bo resultado desta primeira festa da mocidade fai pensar en vindeiras citas. De seguro xa hai quen se apunta.
{wmv}xuventude_web{/wmv}
Redacción Barbanza











