Cinco mozos detidos por varios roubos en vivendas e locais de Boiro

    rouboschiringuitosboiro100.jpg BOIRO> A Garda Civil informou da detención de cinco mozos , catro deles menores de idade, como presuntos autores de varios roubos en vivendas e locais.

    {flowplayer}barbanza/rouboschiringuitosboiro.flv{/flowplayer}
     
    A Garda Civil recuperou parte do material dalgún dos roubos cometidos por estes cinco mozos en vivendas, casetas de socorrismo e chiringuitos de praia, da zona de Abanqueiro.
     
    Así entre os obxectos incautados atópanse varios electrodomésticos, ferramentas e diverso material de salvamento.
     
    Ó parecer e segundo os datos ós que tivo acceso esta redacción, os feitos víñanse sucedendo dende o pasado mes de marzo. O valor dos obxectos substraídos e os danos causados nos roubos poderían rondar os 25 mil euros.
     
    Catro menores
     
    Segundo informaron fontes policiais catro dos cinco xóvenes detidos, son menores de idade, os cales quedaron xa en liberdade a disposición da Fiscalía de Menores da Coruña, mentres que o outro detido foi posto xa a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Ribeira quedando en liberdade con cargos.
     
    Redacción Barbanza