Incautados case 4.000 quilos de cocaína en Vigo e O Grove

    O GROVE > Golpe contra o narcotráfico o que se deu a pasada madrugada nas nosas costas. O Servicio de Vixiancia Aduanera en colaboración coa Garda Civil, interceptou dúas lanchas semirríxidas …

    … que tiñan previsto levar a terra case catro toneladas de cocaína. Unha cantidade así alcanzaría no mercado uns cen millóns de euros. Antes de ser interceptados, os narcos tiraron pola borda 1.500 quilos.

    meloxo300_291007.jpgFontes do Ministerio de Economía e Facenda, confirmaron que ambas operacións foron levadas en paralelo na madrugada de onte, baixo o nome de “Piraña”.

    A primeira tivo lugar nas inmediacións do Cabo Home, á entrada da Ría de Vigo e Pontevedra, coa intervención por parte do patrullero Colimbo III da primeira das lanchas semirríxidas que transportaba uns noventa fardos con cocaína.

     A Segunda operación tivo lugar nas proximidades do Porto de Meloxo, en O Grove, coa intervención doutra embarcación semirríxida, que quedou varada na praia tras botar pola borda unha cantidade indeterminada dos fardos que transportaba, dos cales puidéronse recoller unha boa parte deles.

    As operacións estiveron apoiadas por un helicóptero e varios medios terrestres e estiveron dirixidas polo xulgado número 3 de Cambados.

    Hai sete persoas detidas ata o momento, todas elas de Cambados.

    {flowplayer}test_sorenson.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés