Vilanova, pioneira no Salnés na implantación dunha guía do comercio

    vilanovacomercio_291007_-_still_001.jpgVILANOVA > Potenciar o desenvolvemento do comercio en Vilanova e o obxectivo que se marcaron comerciantes…

    …e concello. Para iso é a guía de implantación do comercio vilanovés. Unha publicación pioneira no Salnés que servirá de ferramenta para coñecer con máis detalles este sector. Para confeccionar este documento faranse enquisas tanto entre clientes como entre os comercios da vila. Se trata así de confeccionar unha guía que pretende diagnosticar o estado no que se atopa o comercio vilanovés.

    Este proxecto conta cunha subvención de 22.000 euros que financian ó 50% o concello e a consellería. Ademais dende a casa consistorial amosouse o apoio total ós comerciantes tanto neste como noutros proxectos. A meta: forzar un comercio sólido en Vilanova.

    Redacción Salnés