Falece unha anciá de Vilanova tras ser atropelada por un autobús

    accidente_vilanova0110copy.jpgVILANOVA> O accidente producíase cando a muller se dispoñía a cruzar nun paso de peóns. Aconteceu no centro da vila, xusto ó lado do Concello.

    {flowplayer}images/salnes/AtropeloVilanovaAccidenteIlla.flv{/flowplayer}

    A muller foi trasladada de inmediato ó Hospital do Salnés, onde acababa perdendo a vida tres horas despois. Dado a cercanía co Concello, o primeiro en atendela foi o propio alcalde.

    As causas do accidente aínda se descoñecen pero, segundo o alcalde descártase o exceso de velocidade. Haberá que agardar para esclarecer o suceso.

    Secundina Padín é a segunda vítima mortal en menos dunha semana por accidente de tráfico en Vilanova. Ademais non foi este o único suceso acontecido estes días, o máis destacado foi o que se produciu na madrugada do domingo na Illa de Arousa.

    Dous mozos de Cambados empotraron o Audi 3 que conducían contra esta casa situada na intersección da rúa Sor Aurora e a rúa Entrecortiñas. Os ocupantes do vehículo resultaron feridos leves aínda que o coche quedou irrecoñecible. O condutor deu positivo no control de alcoholemia.

    Redacción Salnés