A Xunta encargarase do mantemento da escola infantil de Vilaxoán

    VILAGARCIA> A escola infantil de Vilaxoán integrarase na rede autonómica do consorcio galego e será a Xunta a que corra cos gastos do seu mantemento. Trala reunión que o alcalde de Vilagarcía tivo o conselleiro de Políticas Sociais ambos apostaron pola colaboración entre institucións.

     

    Cordial e frutífera, así cualificaba o rexedor vilagarcián a súa reunión desta semana co conselleiro de Políticas Sociais da Xunta. Alberto Varela asegurou que levaban unha idea moi clara e era trasladarlle a necesidade de que o ente autonómico se fixera cargo trala súa construción do mantemento da escola infantil de Vilaxoán da que se está a encargar actualmente o concello.

    Ademais o alcalde de Vilagarcía tamén expresou o seu desexo de procurar sinerxias entre ambas institucións para crear programas de integración da poboación xitana en risco de exclusión.

    Varela tamén invitou ao conselleiro a coñecer as entidades sociais do municipio e visitar os seus centros para que vexa a labor realizada e as necesidades que estas teñen.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/varela_garderia_vilaxoan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/varela_garderia_vilaxoan.mp4{/flowplayer}