O turismo de Sanxenxo resístese á crise e ó mal tempo

    sanxenxo_100.jpgSANXENXO> O Concello de Sanxenxo e o Consorcio de Empresarios Turísticos desta localidade valoraron positivamente os resultados deixados polo turismo

    {flowplayer}images/salnes/030809_consumos_sanxenxo.flv{/flowplayer} .

    .. durante o pasado mes de xullo. O goberno local basea a súa valoración nos resultados da recollida do lixo e do consumo de auga. Dadas as temperaturas temperadas do mes pasado o consumo de auga descendeu un 6,4 %; namentres que o volume de lixo foi un 0.05 % menor que o ano anterior. Poren o número de consultas nas oficinas de turismo incrementouse un 2,50 %, dos que a maioría dos demandantes eran turistas nacionais. No tocante á ocupación hostaleira, as cifras do mes pasado revelan un incremento do 1,36 %, grazas ó aumento do número de estancias en campings e apartamentos.

    Así, os hoteleiros de Sanxenxo constatan como este concello se consolida nos últimos anos, malia que o gasto do consumo por turista descende, principalmente durante os días laborables. Nestes estudios tamén se reflicte un importante cambio nos hábitos dos visitantes, que cada día máis valoran o custe e a duración das súas estancias.

    A maiores da crise económica, este ano o que está a ter unha importante repercusión é o mal tempo. Con todo, tanto concello como hostaleiros están satisfeitos dos resultados acadados, o que se debe, segundo eles, o traballo previo de promoción realizado. Neste apartado da dinamización, de agora en diante van a seguir traballando na consolidación turística dos meses de xuño e setembro.

    Redacción Salnés