Cambados celebra o seu particular Halloween

    samain100_301007_001.jpgCAMBADOS > Mañá celébrase a noite dos mortos viventes, o que os americanos dan en chamar Halloween e os galegos Samaín. A asociación Cambados Zona Centro, en colaboración co concello cambadés, organizan estes días no Pazo de Torrado

    …unha serie de actividades para a celebración mañá da festa do Samaín.  Non se quixo desperdicia-la ocasión e organizaron unha serie de actividades para que os rapaces se divirtan facendo algo distinto e para que coñezan a festa, que curiosamente non é americana, senón irlandesa.

    Os nenos estiveron acompañados, ademais de polos seus pais, por monitores de Zona Centro que lles deron a cabaza onde traballar e lles ensinaron como vacialas e decoralas.

    A máis orixinal será premiada cun lote de libros para o rapaz ou rapaza que a deseñe. Por iso, se cabe, tódolos nenos están a traballar aínda máis duro.

    Na tarde do mércores, desenvolverase unha sesión de contacontos, con relatos tradicionais e de misterio.

    Ademais tense previsto poñer en marcha un obradoiro de pintura e celebrar un magosto con castañas dabondo para tódolos cambadeses que se acheguen ó parque.

    Redacción Salnés