![]()
CATOIRA> Segundo a primeira hipótese da Garda Civil, unha saída de vía puido sela causa que provocou o accidente.
{flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CATOIRA.flv{/flowplayer}
O accidente tiña lugar ás catro menos dez da tarde. O home, que responde ás iniciais FFM, era o único condutor do tractor agrícola.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o falecido procedía da súa vivenda de Caldas e dirixíase á unha finca situada na parroquia de Coaxe, no concello de Catoira, para realizar diferentes labores de labranza.
O accidente producíase antes de chegar á súa propiedade, nunha pista no lugar de Dimo, entre Catoira e Coaxe. Ata alí desprazouse un helicóptero do servizo de Emerxencias do 112 e unha unidade dos Bombeiros de Vilagarcía cun equipo de excarceración. Ningunha das dúas dotacións foi necesario xa que cando chegaron ó lugar entre varios veciños e membros de Protección Civil de Catoira xa sacaran o corpo sen vida do home.
Polo momento, descoñécense as causas do accidente, pero todo apunta a que se produciu por unha saída de vía. O corpo xa foi trasladado ó Anatómico Forense de Pontevedra para realizarlle a autopsia.
Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil e urxencias do 061.
Redacción Salnés









