O BNG de Noia reclama melloras na seguridade viaria ao longo da AC-550

NOIA> O BNG de Noia reclama melloras na seguridade vial nas zonas de Orro e en Boa. Ademais dende a formación insístese tamén na necesidade de instalar máis pasos de peóns ó longo da estrada AC-550 ó seu paso pola localidade.

O BNG noiés levará a través do seu grupo parlamentario unha proposta non de lei e novas interpelacións ó goberno da Xunta en referencia á necesidade de instalar pasos de peóns e mellorar a seguridade viaria na estrada AC-550 ó seu paso pola localidade. Poñen como exemplo as zonas de Barro, Orro, Boa ou Vilanova nas que segundo eles comprería actuar. Dende a formación inciden en que os argumentos esgrimidos pola Xunta para non realizar estas actuacións son escusas.

Dende o BNG aluden a que seguirán coa súa solicitude ata que a Xunta decida actuar e dar resposta a unha demanda da seguridade viaria que partiu da propia veciñanza destas zonas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí