O Náutico Boiro Voleibol fai historia e xogará a fase de ascenso á Superliga 1

    BOIRO> O Náutico Boiro Voleibol facía historia esta fin de semana ó acabar coma líder a fase regular da Superliga 2 Masculina. Os boirenses clasifícáronse así para a fase de ascenso a máxima categoría do voleibol nacional. O Náutico dependía de si mesmo e non fallou. A súa vitoria ante o Hotel Río Carnaval de Badajoz por tres sets a cero, con parciais de 25-22, 25-18 e 25-22, permitiulles quedar no máis alto da táboa clasificatoria, o que lle permitirá poder xogar a fase de ascenso á máxima categoría do voleibol nacional, a Superliga 1. Neste partido o Náutico contou con Kevin Medina, con 16 puntos, ó seu xogador máis destacado, Xunto ós boirenses xogarán tamén polo ascenso o Intasa San Sadurniño, que finalmente quedou segundo neste grupo, e o L’Illa Grau de Castellón e o Sant Pere i Sant Pau de Tarragona, os dous clasificados do grupo B. Nos próximos días a Federación Española procederá a realizar o sorteo para coñecer o calendario e os horarios da fase de ascenso.