BOIRO> A corporación boirense celebrou onte pola noite a sesión plenaria ordinaria do mes de outubro. Na orde do día figuran tres mocións, unha de Boiro Novo relativa ás axudas para a compra de libros e material escolar, e dúas do BNG, sobre as obras de ampliación do ximnasio da piscina municipal e o estacionamento de vehículos na rúa peonil.
Total unanimidade na moción presentada polo BNG relativa a ampliación e mellora do ximnasio da piscina municipal da Cachada. Na sesión acordouse ademais o inicio dos trámites para a municipalización da xestión do complexo deportivo despois de que os nacionalistas decidirán retirar o segundo punto correspondente coa suspensión de calquera investimento que tivera como finalidade a súa ampliación.
Tamén se aprobou por unanimidade outra moción dos nacionalistas referida ó estacionamento de vehículos na rúa peonil. En canto á iniciativa presentada por Boiro Novo para o establecemento dunha liña de axudas para a compra de libros e material escolar e o aumento de prazas con dereito a axudas nos comedores escolares que foi tamén aprobada con votos a favor de Boiro Novo, PP, BNG e Ciudadanos, a abstención de IC Boiro e os votos en contra do Partido Socialista.