Centro de atención integral Princesa Letizia de parálisis cerebral

    princesaletizia100_011107_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > A Asociación de pais de paralíticos cerebrais Amencer- Aspace, é titular do Centro de Atención Integral Princesa Letizia

    É un centro que presta atención educativa e asistencial a nenos e xóvenes con discapacidades producidas pola parálise cerebral.

    O princesa Leticia é un centro pioneiro que conta con avanzados sistemas para favorecer a comunicación alternativa dos seus usuarios. Os tratamentos específicos que se lles ofrecen os alumnos son fisioterapia, terapia ocupacional e logopedia.princesaletiziaotra200_011107_-_still_001.jpg

    O centro de atención integral princesa Letizia, aglutina un colexio de educación especial e un centro de día. Está concertado coa consellería de Educación e ten suscrito un convenio de colaboración con vicepresidencia, co fin de que a aportación económica que fan as familias, sexa asumible.

    Os alumnos do centro educativo, teñen unha adaptación individualizada, dacordo ás súas necesidades formativas, en función dos programas educativos da consellería de educación, e do plan anual do Princesa Letizia. No centro de día, as actividades desarrolladas, están encaminadas hacia talleres de informática adaptada, ajuste personal e social, coiro, cartón pedra…

    Ao longo do ano, tamén fan actividades de ocio, como piscina, campamentos ou excursións. Os educadores do centro, coinciden en que este é un traballo moi gratificante, traballan con persoas e iso déixase notar no día a día

    Dende o centro queren facer saber que para as actividades de ocio, precisan de voluntarios para encargarse dos alumnos, non se precisa formación especial, tan só ganas de axudar e pasalo ben cun grupo de persoas, realmente interesante.

    Redacción Salnés.