O BNG ve con bos ollos a partida orzamentaria do Estado para Galicia

    casalsabin_100_011107.jpgBARBANZA> A executiva barbanzana do BNG vén de facer unha valoración dos orzamentos xerais do Estado, en concreto dos 104 millóns de euros adicionais …

    … que recibirá Galicia grazas á negociación do deputado Francisco Rodríguez co goberno. En total, a comunidade recibirá máis de dous mil millóns de euros.

    O BNG da comarca afirma sentirse moi satisfeito coa consecución destes cen millóns de euros a maiores para Galicia, pero están sobre todo contentos coas actuacións conqueridas para a comarca, pois supoñen dous millóns seiscentos mil euros máis do destinado a priori para o Barbanza.

    Os responsables comarcais fixeran chegar as súas demandas a Francisco Rodríguez para a súa negociación co goberno e estas tradúcense agora en obras reais para os veciños.

    Reivindicacións históricas

    O responsable do BNG comarcal, Manel Casal, e os representantes do BNG dos diferentes concellos coincidiron en sinalar que todas estas son reivindicacións históricas tanto do BNG como dos veciños do Barbanza. E afirmaron que continuarán traballando nesta mesma dirección, para cumprir cos veciños, por iso é tan importante a súa presenza nas Cortes Xerais.

    {flowplayer}bngorzamestado.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza