Os vertidos no porto rianxeiro volven a repetirse

    RIANXO> O patrón maior pide unha solución o máis axiña posible debido ó grave prexuízo que isto representa para o sector pesqueiro e marisqueiro. Aínda que se trata dun problema de vello, do que xa son sabedoras, tanto as autoridades locais coma as autonómicas, o problema dos vertidos en Rianxo, continúa sen solucionarse. Nas últimas semanas, dende a Semana Santa, as vertedoras de augas fecais ó mar na zona portuaria, e noutros puntos da ría, neste municipio, son unha constante como sinala o propio patrón maior, Baltasar Rodríguez Alcalde. O patrón maior rianxeiro está farto de denunciar esta situación, sen que se faga nada por remedialo, constituíndo un grave problema medioambiental, un claro risco para a saúde e adremais unha mala imaxe turística para o municipio.