Xulgan a un presunto furtivo por amezas a dous gardacostas

    xuizogardacostas_100_270410.jpgRIBEIRA> O Xulgado de Instrución Nº1 Ribeira acolleu unha vista oral por un suposto caso de ameazas contra dous axentes do servizo de gardacostas.

    {flowplayer}barbanza/xuizogardacostas.flv{/flowplayer}

    Os feitos aconteceron na madrugada do pasado 21 de abril, cando dous axentes do servizo de gardacostas detectaron unha embarcación sospeitosa de estar faenando de xeito ilegal nas inmediacións do porto de Ribeira. Desprazáronse ata o peirao onde interceptaron ó denunciado, Juan José Pouso Suárez, que marchaba conducindo un furgón.

    A pesar de que os axentes déronlle o alto amosando as súas credenciais como gardacostas, o acusado non se detivo. Sen embargo, transcorridos dez minutos, volveu ó lugar dos feitos, noutro vehículo e acompañado doutra persoa, e comezou a proferir insultos e amezas contra os gardacostas e as súas familias.

    Intento de agresión

    Segundo os axentes, o acusado mesmo chegou a ameazalos cunha machada ata que a persoa que o acompañaba logrou convencelo para que depuxera a súa actitude. Na vista oral celebrada esta mañá, os dous axentes ratificáronse en tódolos puntos da súa declaración ante a policía.

    Pola contra, o acusado, a pesar de persoarse nos xulgados optou por non comparecer ante a xuíz. Tanto o Ministerio Fiscal como o letrado da Xunta solicitaron a condena por dúas faltas: unha de desobediencia á autoridade, cunha sanción de seis euros diarios durante cincuenta días e unha de ameazas cunha cota diaria tamén de seis euros durante vinte días.

    No caso de impago solicítase a substitución da pena de multa pola de localización permanente tal e como establece o código penal.

    Redacción Barbanza