José España, Carnicería Boga e A Terraza do Furancho gañadores dos premios ABE 2022

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios vén de dar a coñecer os nomes das persoas e empresas que serán  distinguidas este ano cos Premios ABE.

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición de 2022 foi a carnicería Moncho Boga, situada na praza de abastos.

Coma mellor empresa a gañadora foi A Terraza do Furancho, emprazada en pleno centro de Boiro.

Por último, o premio de honra, categoría instaurada o pasado ano pola xunta directiva da asociación co obxectivo de poñer en valor a traxectoria dun empresario da localidade recaeu este ano na figura de José España Silva, empresario do sector da construción que desenvolve a súa actividade na empresa Construcións España e Fernández.

A entrega dos galardóns terá lugar nunha gala prevista para o vindeiro venres 18 de novembro a partir das oito e media da noite nas instalacións da Pousada da Galiza Imaxinaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí