A coral “Máximo patiño” cumpre 45 anos coa gravación dun DVD

    VILAXOÁN > O 45 aniversario da coral “Máximo Patiño” de Vilaxoán deixarannos durante este mes de Novembro múltiples actuacións

    … xunto con outras bandas, que terán lugar na cofradía de Pescadores da vila. Para conmemorar este aniversario,a agrupación decidiu gravar un DVD onde se recollerán as mellores cancións da Coral. Telesalnés- Barbanza estivo na gravación e comprobamos o fervor que os compoñentes senten pola música da súa terra.

     A coral “Máximo Patiño” de Vilaxoán naceu en 1962 pero non foi ata 1963 cando ofreceron o seu primeiro concerto con cancións como “San Campio”, “Lévame” e “Ave María” que aínda algúns dos seus membros lembren hoxe, anque solo sexan dous membros os que permanecen na actualidade dende aquela primeira actuación.

    A afección musical venlle de antigo a este pobo mariñeiro, mulleres que cantaban esperando ós seus maridos, e homes que cantaban traballando. Por iso constituíronse iniciativas culturais como “Vilaxoán Canta” onde todo o pobo se reúne para cantar o día do Carme ou o concurso de Panxoliñas que vai pola súa 39 edición. Ensaio tras ensaio demostraron por que son un referente dentro das corais da comarca.

    Agora xa van 45 anos enriba dun escenario. Por iso quéreno celebrar por todo o alto coa gravación dun CD-DVD que rememore os seus mellores momentos, xunto cun repertorio das súas mellores pezas .

     O grupo desenvolverá un programa de actuación que comezará este sábado as 8 da tarde coa Big Bang de Vilagarcía, o sábado tamén as 8 da tarde compartirán escenario co cuarteto da Ruada de Marín e coa coral de Cordeiro, así sucesivamente tódolos sábados a partir das 8 da tarde ata chegar ó domingo 25 onde terán unha misa en honor a Sta Cecilia ás 12 da maña. O día rematará cunha comida de fraternidade á que pode asistir aquel que o desexe e cun brinde onde se conmemorarán esos 45 anos de historia, e que sexan moitos máis.

    Redacción Salnés