![]()
SANTIAGO> O IGC porá en marcha unha campaña para protexer ó consumidor fronte a actuación das casas de empeño e compra-venda de metais preciosos.
{flowplayer}images/salnes/COMPRAVENDA_METAIS_PRECIOSOS.flv{/flowplayer}
Durante os dous primeiros trimestres do ano, o Instituto Galego de Consumo realizará inspeccións na metade dos comercios de compravenda de metais preciosos e casas de empeño de toda Galicia. Comprobaranse as balanzas de precisión que se empregan para pesar os artigos que lles achegan os clientes, controlarase a información que lles ofrecen ós consumidores e supervisarán a autenticidade das pezas que manexan.
Nesta liña de evitar fraudes, tamén se comprobarán que estes centros marcan as pezas empeñadas cos selos oficiais que certifican o material do que están feitos. Todas aquelas irregularidades que se detecten nas inspeccións e que poidan constituír un delito poranse en coñecemento da Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil.
Redacción Salnés









