A odontoloxía dáse cita na Pobra

    POBRA> Máis de cen profesionais do sector participarán na oitava edición do curso de cirurxía.

    O aforo do auditorio do museo Valle-Inclán chegará a superarse, este sábado, con motivo do curso de cirurxía, que este ano se centrará nos implantes dentais. Desde as 9 da mañá sucederanse distintas ponencias de expertos nacionais e internacionais como a doutora Agurne Uribarri, que falará dos implantes maxilares enxertados, ou a charla do vicepresidente da sociedade belga de periodoncia, Tommi Van de Velde, que abordará as cuestións estéticas dos procedementos dentais. Esta fin de semana, A Pobra do Caramiñal converterase de novo nun referente científico ó nivel das grandes cidades. Ó terminar as conferencias, haberá unha mesa redonda na que todos os odontólogos, estomatólogos e cirurxiáns maxilofaciais participantes poderán interactuar cos poñentes e charlar sobre os procedementos expostos previamente. O día anterior, o venres día 6, un grupo máis pequeno terá o privilexio de asistir a un obradoiro do doutor Antonio Luís Bujaldón. A xornada teórico-práctica impartirase na clínica do doutor Gonzalo López Castro. Estes cursos de odontoloxía xa van pola súa oitava edición.