![]()
RIBEIRA > O BNG de Ribeira denuncia o lamentable estado no que se atopa a canceira municipal, rematada e coa obra entregada desde marzo de 2006.
Ventás e rede rota, uns accesos non moi bos, fiestras abertas, ausencia de material e un exterior desolador é o que se pode atopar calquera que se achegue ata a canceira municipal de Ribeira.
Este edificio e o adecentamento do exterior e os seus accesos supuxo un investimento de máis de douscentos mil para o concello ribeirés, por iso ós nacionalistas da cidade lles preocupa que non esté a dar ningún servizo.
Os frentistas solicitan que a canceira municipal se poña en funcionamento o máis axiña posible, pois dezanove meses son máis que suficientes para sacar a concurso o mantemento da instalación, e mentres os cans sen dono seguen vagando por Ribeira.
Por outra banda, o BNG ribeirés tamén denunciou que o concello, despois de prohibir o tránsito de cans polas praias e algunhas rúas da cidade, non habilitou espazos cos medios adecuados para levar ós animais. Segundo esta normativa, os concellos deben ofrecer este tipo de instalacións para os cans.
{flowplayer}canceira.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza









