Ecoloxistas en Acción tapona a saída da balsa de decantación da mina de San Finx

LOUSAME> Ecoloxistas en Acción levou a cabo unha acción de protesta na mina de San Finx. Unha ducia de activistas colocaron un tapón na balsa de decantación que verte augas con altas concentracións de metais pesados.

Ante a falla de resposta por parte da Xunta tras solicitarlle que revogue a autorización de vertidos da mina de San Finx, Ecoloxistas en Acción levou a cabo unha acción simbólica de protesta.

Un grupo de activistas da organización accederon á mina onde procederon a colocar un gran tapón de cortiza na tubaxe da balsa de decantación da que saen constantemente vertidos con altas concentracións de metais pesados. Entre eles, cadmio, cobre e zinc que van para a un rego situado a tan só 7 quilómetros da ría e do esteiro do Tambre, incluído na Rede Natura.

Denuncian que poñen en risco o futuro da produción marisqueira da que dependen dez mil postos de traballo fronte ós 12 que xeraría a reactivar a explotación mineira. Esta acción de protesta súmase á gran mobilización convocada polas entidades agrupadas na plataforma en contra dos vertidos e as confrarías para este sábado.