![]()
VILAGARCÍA > En Vilagarcía renden homenaxe a Ramón Patiño, no marco dun acto promovido…
…polo Servizo de Normalización lingüística, dependente da concellería de cultura. Elixiron o día de defuntos para pór en marcha unha campaña para promover a utilización do galego, nas lápidas dos nosos cemiterios. O acto comezou no cemiterio de Vilaxoán, onde está enterrado Patiño del Valle, coa colocación dunha lápida na súa honra, pola súa defensa da lingua galega.
Esta tarde, no cemiterio de Vilaxoán, tivo lugar o acto de homenaxe a Ramón Patiño del Valle, Moncho para os seus amigos, os mesmos que hoxe quixeron que a súa lápida fora unha entre mil, como deixan ver os datos dos estudos realizados sobre o número de lápidas gravadas en galego: unha contra mil en castelán.
Tomar en conta o noso idioma, e unha iniciativa do departamento de cultura vilagarcián, que toma o acto no cemiterio, como punto de partida na promoción do galego nas inscricións funerarias.
Pero, entre tódolos defensores da lingua galega elixiron a Ramón Patiño por ser amigo, persoa do pobo e nacionalista nos seus tempos.
Segundo concelleiro, a lingua galega é o cerne do noso patrimonio cultural como pobo diferenciado. Como din os antropólogos, as aldeas dos mortos, non falan como as aldeas dos vivos.
Redacción Salnés.






