RIBEIRA> Ribeira dá o primeiro paso para recuperar a titularidade do edificio da Unidade de Condutas Aditivas. O pleno aprobou por unanimidade solicitar á Seguridade Social a cesión do seu uso durante 30 anos.
O concello de Ribeira solicitará á Tesourería Xeral da Seguridade Social a cesión do uso da Unidade de Condutas Aditivas. A corporación daba o primeiro paso deste proceso coa aprobación por unaniimidade desta solicitude por un período de 30 anos.
Ademais dos usos, a intención do concello é recuperar a titularidade do inmoble de cara ó futuro no que podería destinarse a outros fins, principalmente educativos.











