Durán anuncia a mellora do bombeo do río Currás

    duran_100.jpgVILANOVA> O Alcalde de Vilanova compareceu hoxe ante os medios de comunicación para anunciar o inicio das obras que van a dar solución…

    {flowplayer}images/salnes/26032010_gonzalo_duran.flv{/flowplayer}

    … a estación de bombeo do Río Currás, que ate o de agora vertía cada pouco residuos ó mar na zona do Esteiro. Con esta actuación, Gonzalo Durán entende que se satisfai unha reivindicación histórica medioambiental os veciños e dos distintos grupos políticos. O proxecto que se vai a executar conta ademais cunha mellora substancial con respecto ó colector primitivo.

    O rexedor vilanovés anunciou que cando este novo bombeo entre en funcionamento, o Concello realizará unha nova revisión, para evitar que máis particulares poidan seguir vertendo ó Esteiro. Asemade, Durán anunciou que o seu grupo político ía a intentar buscar o consenso na moción presentada polos nacionalistas para o seu debate no vindeiro pleno, e que fai referencia ó Plan de Ordenación do Litoral.

    O Alcalde vilanovés subliñou a este respecto que a afectación deste Concello variara substancialmente respecto á lei dos 500 metros, posto que en lugares como a zona do Terrón xa se podía edificar certas construccións; e a franxa de prohibición rebaixarase nalgúns casos ata os 80 metros.

    Redacción Salnés