Catro quilómetros de senda pola beira do río Dorrón

SANXENXO> En Sanxenxo, comezou a construción da senda fluvial do río Dorrón. Trátase dun itinerario de case 4 quilómetros para os que se van destinar preto de 400.000 euros. A actuación contempla a creación de varias pasarelas de madeira entre a praia de Areas e o muíño de Xián. Agárdase que os traballos estean rematados antes de finais deste ano.

As obras para a construción da senda fluvial do río Dorrón, en Sanxenxo, xa están en marcha. A Xunta inviste neste proxecto case 400.000 euros para a adecuación de case 4 quilómetros de itinerario. Parte das proximidades da praia de Areas para ascender pola ladeira deste lugar ata chegar ao muíño de Xián. Esta mañá visitaron o inicio destes traballos o alcalde xunto co delegado da Xunta en Pontevedra.

A actuación contempla rozas manuais e selectivas; eliminación de especies invasoras; muros de cachoterías; pasos de pedra e de madeira; pasarelas e varandas respectuosas coa contorna, e unha plataforma con 2 metros de anchura. Estará rematada antes de que remate o ano. Con todo, o alcalde pide que o percorrido sexa accesible xa no vindeiro mes, coincidindo coas festas da zona.

O proxecto da senda é un dos grandes proxectos do goberno local para esta parroquia. Sobre a mesa, outros dous.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí