Rafael Louzán visita as obras da estrada de Mosteiro

    MEIS > O representante do ente provincial, Rafael Louzán, acudiu esta mañá o  Concello de Meis para visitar co seu alcalde José Luís Pérez Estévez, as obras de acondicionamento da estrada que unen Meis con Cambados.

    Esta actuación de quilómetro e medio de longo, vai a supoñer un importante ancheamento da calzada entre a rotonda de entrada a Mosteiro e a Capela de San Bieito. Esta actuación conta cun orzamento global de un millón, oitocentos mil euros, dos que o ente provincial aporta o 70 % e o resto provén das arcas municipais.

    O prazo de execución, inicialmente previsto en 11 meses, vaise a ver prolongado, polo que se agarda que as obras estean rematadas o vindeiro verán.

     O alcalde desta localidade, sobranceou a importancia que supón esta actuación para a veciñanza; en materia de seguridade vial e de dotación de servizos.  

    Tanto o alcalde como presidente da Deputación, quixeron pedir desculpas ós afectados polas obras, ó tempo que agradeceron ós veciños a súa colaboración na cesión das súas propiedades.

     O alcalde de Meis aproveitou esta visita para propoñerlle algunha outra necesidade deste concello; como  a mellora da seguridade vial no tramo de quilómetro e medio no lugar de Paradela, que será estudiada pola Deputación no vindeiro 2008.  Redacción Salnés.