Rafael Louzán visita a ponte Fontáns, destruida pola riada do ano pasado

    louzanfontans_100.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou esta mañá a Ponte Fontáns, na estrada de Xeve- Amil

    …que fora destruída pola riada do ano pasado e tamén o tramo desta vía que finalmente será necesario expropiar á Comunidade de Montes para proceder ó seu ensanche e mellora. Prevén que as obras da ponte rematen a finais de ano, e as do vial, para os primeiros meses de 2008.

    Fai un ano xa que comezaron as obras na ponte Fontáns. A principal propiedade afectada, cedida polo seu dono, José Daniel Sanmartín, perdeu varios metros cadrados e ten as pedras da ponte incrustadas na súa leira. Os veciños inquietábanse pola tardanza e o presidente da Deputación asegurou que a finais de ano, case con seguridade estará lista.

    Agora o que a Deputación pídelle a empresa encargada das obras, e que demoren o menos posible, para rematar axiña as obras. Por outra banda hai un tramo da vía Xeve- Amil, que está aínda sen mellorar. A Comunidade de Montes de San Andrés de Xeve, negouse a ceder terreo en diversas xuntanzas e negociacións ca Deputación, que, finalmente, viuse obrigada a expropiar sete mil cincocentos metros cadrados de terreo, para anchear e mellorar un kilómetro trescentos metros de vía.

    O presidente da Deputación insiste en que cunha obra mínica e sin a falta de colaboración por parte da comunidade, o vial estaría rematado e beneficiaríanse todos os cidadáns del. O metro cadrado de vía expropiada a Comunidade de Montes de San Andrés de Xeve, pagarase a razón duns seis euros.

    A Deputación espera ter pechadas as negociacións cara ó primeiro semestre de dous mil oito.

    Redacción Salnés.