Un incendio afecta a unha casa abandonada de Artes

RIBEIRA> Un incendio que afectou a última hora da tarde de onte a unha vivenda abandonada no lugar de Viñas, na parroquia ribeirense de Artes. Polo de agora descoñécense as posibles causas do lume. Na súa extinción participaron bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro.

O lume orixinábase ó redor das seis da tarde nunha vivenda deshabitada no lugar de Viñas na parroquia de Artes. Unha chamada dun particular ó 112 alertou ós equipos de emerxencia que se desprazaron rapidamente para iniciar os labores de extinción do incendio.

A Policía Nacional investiga a posible orixe do lume, aínda que todo apunta a que puidera ser intencionado, xa que a vivenda en cuestión leva moitos anos abandonada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí