O Noia Fútbol Sala é xa equipo da primeira división nacional

NOIA> O Noia Fútbol Sala fai historia e por primeira vez xogará na primeira división, a categoría de ouro do fútbol sala a nivel nacional.

Este sábado, diante da súa afección, no Agustín Mourís, certificaba o ascenso de categoría tras a súa vitoria diante do Leganés por tres goles a un.

Os tantos do conxunto local foron obra de Bruno Gomes, Joaki e Chus.

Os de Marlon velasco conseguen o ascenso a falla de cinco xornadas para o remate da competición.

Nos 29 partidos disputados tan só concederon dúas derrotas e tres empates. Algo ó alcance de moi poucos equipos, o que evidencia a súa superioridade nesta categoría.

Ó remate do partido, xogadores, corpo técnico e equipo directivo, en total sintonía coa afección, que volveu a encher o pavillón municipal, festexaron por todo o alto este histórico ascenso.

A data deste sábado xa queda para o recordo dun club modesto, que o vindeiro ano estará na elite da mellor liga do mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí