O Alcalde de Cambados firma a sexta fase da rehabilitación do casco histórico do concello

    jos_m.cores_tours_100_001.jpgCAMBADOS > O Alcalde de Cambados, o popular Xosé Manuel Cores Tourís, firmou hoxe un convenio con Vivenda para rehabilitar 20 casas…

    …situadas no Conxunto Histórico cambadés.

    cascohistorico_200_001.jpgEste acordo produciuse no mesmo día no que o rexedor denunciou que o Ministerio de Vivenda aínda ten pendentes de pago 161.000 euros de convenios anteriores.

    En total son 334.000 euros os que se repartirán entras 20 casas que recibirán esta axuda. Están financiados polo Ministerio de Vivenda e a Consellería de Vivenda e Solo, ademais das aportacións que terán que face-los propios particulares beneficiados. A prioridade das remodelacións serán as fachadas e as cuberdas das vivendas, que se reparten dende o núcleo urbán de Cambados, Fefiñáns e o barrio de San Tomé.

    Esta nova chega logo das queixas dalgúns veciños de Cambados polo retraso no pago das axudas que lles foran outorgadas para reforma-las súas vivendas, nas primeiras fases do programa. A día de hoxe aínda non cobraron á subvención. En 76 casos, as obras nas vivendas xa están finalizadas, e para poder pagalas moitos tiveron que solicitar un crédito. O alcalde de Cambados atribuíulle hoxe este retraso a un problema burocrático e de falta de entendemento entras administracións nacional e autonómica.

    De feito o rexedor cambadés asegurou que se o Ministerio de Vivenda non ratifica os acordos acadados un día entre o seu concello e o goberno da Xunta, moitos veciños poderían corre-lo risco de non cobra-las axudas. Cores Tourís confía porén en que se axilicen os trámites logo de que o Ministerio de Vivenda firmase hoxe o convenio da sexta parte do proxecto para rehabilitalas casas do casco antigo do concello.

    Redacción Salnés