Veciños de Escarabote toman o recheo para que non comecen as obras

    protestasportoescarabote.jpgBOIRO > Os veciños de Escarabote continúan en pé de guerra pola construcción dos galpóns para gardar pertrechos dos mariñeiros que a Consellería de Pesca quere levantar no recheo.

    Esta mañá, ante a inminencia do comezo das obras coa chegada da maquinaria, decidiron mobilizarse de novo e nerviosos, só alcanzaban a calificar a situación de “burla” e “abuso”. Por outra banda, para velar pola seguridade dos traballadores, chegaronse 9 gardas civís ata o porto.

    O despliegue de efectivos levado a cabo pola Garda Civil no muelle boirés foi contundente, de feito, os primeiros axentes en chegar, coas sirenas dos vehículos acendidas, ameazaron a algúns dos manifestantes con detelos por escándalo público e desobediencia á autoridade. No medio desta confusión, mentres a Garda Civil mantiña ós veciños xuntos nun lado do muelle, a pala excavadora entraba polo outro.

    Rápidamente os veciños foron a cortarlle o paso. A medida que ían chegando máis patrullas da Garda Civil, o máis de medio centenar de veciños de Escarabote congregados no muelle, recibíanos xa sen medo, pasados os primeiros momentos, e con aplausos, increpándoos por se non tiñan outra cousa que facer. Ata a explanada tamén se achegaron efectivos da policía portuaria.

    Outra ubicación

    Os representantes da asociación de veciños Santiago de Lampón reitéranse nas súas afirmacións de que este non é un bo sitio para a construcción dos galpóns para impedir que comecen as obras. Os veciños presentaron ante diferentes administracións novas propostas para a ubicación dos galpóns dos mariñeiros, pero ningunha delas foi aceptada.

    Quendas de garda

    Durante todo o día os veciños fixeron quendas de garda no muelle para evitar que os operarios da empresa Tragsa comezasen cos traballos e aseguran que seguirán así o tempo que faga falta. De feito, para a noite xa teñen pensado deixar alí os seus coches para que non entren as máquinas. Auguran que as obras poden chegar a ir arriba, pero que lles vai costar moito traballo, porque esto é unha “burla”.

    Lucía Pérez, presidenta da asociación de veciños, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde boirés, Xosé Deira, que lles amosou o seu total apoio e lles explicou que se hai conflicto cos veciños é mellor tratar de buscar outra ubicación.

    {flowplayer}barbanza/protestasportoescarabote.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza