AROUSA > O incremento de prezos en moitos dos produtos alimenticios básicos está a provocar un, cada vez máis acentuado, encarecemento da cesta da compra.
Os consumidores consideran ‘excesiva’ a suba dalgúns alimentos como o pan, o leite ou os tomates, fronte ó estancamento dos salarios. Lonxe de buscar as causas no encarecemento das materias primas, os clientes culpan destas subas ó intermediarios.
Hoxe saimos á rúa para coñece-la opinión dos propios consumidores sobre este encarecemento nos alimentos de primeira necesidade. En Ribeira, ó igual que noutros concellos da zona, coñecemos as dificultades que teñen a maioría das familias para chegar a fin de mes.
Cebolas, polo e leite
Segundo os datos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo as maiores subas nos produtos da cesta da compra producíronse nas cebolas, no polo e no leite. Pola contra os descensos máis importates déronse no aceite de oliva e no coello de granxa.
Marxes intermediarios
Dende a Unión de Consumidores de Galicia sinálase que o importante incremento nos produtos frescos produciuse non tanto pola suba do petróleo e os biocombustibles, senón máis ben polas marxes que se levan os intermediarios e as empresas de distribución. Algo co que tamén están de acordo a maioría dos veciños.
{flowplayer}barbanza/cestadacompra.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza