A provincia Italiana de Rieti e a Deputación asinan un convenio de colaboración

    colaboracionconitalia_100_001.jpgPONTEVEDRA > A deputación de Pontevedra e a provincia italiana de Rieti veñen de asinar un convenio de colaboración entrámbalas dúas partes.

    O acto da rúbrica tivo lugar esta mañá na sede do entre provincial e nel estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Xosé Crespo e o presidente da provincia de Reiti, Fabio Melilli, ademais de 15 alcaldes desta zona de Italia próxima á capital.

    A vixencia deste acordo será de seis anos e os obxectivos que perseguen xiran en torno á promoción turística.

    A comitiva italiana, integrada por cincuenta e unha persoas, vai a visitar ademais estes días varios puntos de interese turístico e patrimonial da nosa comunidade; especialmente aqueles relacionados cas rutas xacobeas. Isto débese a que pretenden sacar ideas para potencia a Vía Francígena Oriental, unha ruta dun cento de kilómetros a pé que leva á Tumba do Apóstolo San Pedro en Roma.

    Redacción Salnés.