O CR Náutico de Ribeira prepárase para competir na Liga Galega de Traíñas

RIBEIRA> A clasificación para a final da Bandeira da Concha será a su próxima meta, como indicou o seu presidente e adrestrador, Jesús Silva. Invictas en Galicia no que levan de tempada pelexando pola Liga Galega de Traíñas e con gañas de clasificarse para a Bandeira da Concha de San Sebastián. Así se presentou onte o equipo feminino do Club de Remo Náutico de Ribeira, liderado polo seu presidente e adestrador Jesús Silva. Nun acto o que acudiron tódalas integrantes do equipo ribeirense, moitas delas vidas doutros concellos veciños, e incluso dende Ferrol. Silva quixo aproveitar esta oportunidade para amosar a confianza que deposita nelas e o entusiasmo que teñen as deportistas por seguir gañando como ata agora. Tamén acudiu á presentación o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, quen quixo aproveitar a ocasión para felicitar os bos resultados do equipo feminino. Ademáis, asegurou que dende o executivo ribeirense están a traballar para habilitar unha nave de entrenamentos, en mellores condicións, xa que a día de hoxe, o Club de Remo entrena nun espazo cedido pola Cofradía de Aguiño. Agora só queda esperar para ver os resultados do equipo ribeirense, tanto na Liga Galega de Traíñas, como na Bandeira da Concha, que se disputará a partir de finais de agosto en San Sebastián, onde esperan voltar clasificarse para a final.