RIANXO > O concello de Rianxo, grazas á financiación do Imserso e a ONCE, está a levar a cabo a mellora da accesibilidade en 19 puntos do casco urbano.
O proxecto está avalado pola empresa catalana Fonollá Arquitectura cuxos técnicos se encargaron de realizar un estudo sobre as obras máis urxentes a realizar.
Aínda que estaba previsto que as obras deran comezo antes do verán, diversos contratempos provocaron que estas non se levaran a cabo ata agora. Estes días operarios da empresa contratada polo concello para a eliminación de barreiras arquitectónicas está a executar diversas actuacións na vila, principalmente nos cruces de peóns existentes na zona do paseo marítimo, Rosalía de Castro e tamén Arcos Moldes. As obras consisten basicamente no rebaixe dos beirís e a instalación de rampas que posibiliten o seu uso por parte dos colectivos con algún tipo de discapacidade.
O proxecto, financiado pola Fundación ONCE e o Ministerio de Traballo, a través do Imserso, conta cun presuposto duns 50 mil euros, que serán empregados tamén para mellora-la accesibilidade a diversos edificios públicos como poden ser a casa de cultura ou o departamento de Servizos Sociais, así como tamén para a construción de servizos adaptados.
Infoaccesibilidade
o valorou moi positivamente esta actuación, xa que segundo el, supón un avance importante na calidade de vida de moitas persoas que presentan algún tipo de discapacidade.
Á par desta actuación o plan prevé tamén a denominada infoaccesibiidade. Así na aula de informática municipal, nos baixos da casa de cultura, adaptaranse varios ordenadores e puntos de conexión a internet para que poidan ser empregados por persoas con diferente tipo de discapacidade.
{flowplayer}barbanza/planaccesibilidaderianxo.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza