O PP de Poio, decepcionado cos presupostos da Xunta

    pppoio_100_001.jpgPOIO > Decepcionantes e discriminatorios. Así describiu hoxe o presidente do PP local de Poio os orzamentos da Xunta para o ano 2008.

    Se este sábado eran os presidentes locais do PP da comarca do Salnés os que protestaban pola falta de investimento da Xunta nos presupostos do vindeiro ano, hoxe foi o turno do líder popular de Poio. Segundo Javier Domínguez estos son uns orzamentos xeralistas e nos que as partidas específicas para Poio son prácticamente inexistentes.  Ademais, o popular tamén criticou a falta de liderazgo do alcalde, o nacionalista Luciano Sobral, por non ser capaz de atraer inversión para Poio, mesmo dende as consellerías do seu partido.

    Javier Domínguez estivo acompañado hoxe pola deputada autonómica do partido, Pilar Rojo, quen afirmou que o goberno de Poio e a Xunta fan moitas promesas que logo non se ven plasmadas con compromisos presupostarios reais.

    O futuro parque empresarial, que se emplazará en Fragamoreira,é o único proxecto para o que hai unha partida específica en Poio. O Partido Popular vai presentar unha serie de enmendas no Parlamento nas que lles vai esixir ó bipartito que teña en conta nos orzamentos ó concello.

    Entre os proxectos para os que o PPdG vai solicitar unha partida presupostaria están servizos sociais e deportivos coma o centro de día, a piscina municipal ou a gardería, que aínda está sen rematar. No bloque de enmendas tamén van estar incluídas obras en infraestuturas coma a renovación da canalización da rede xeral de auga ou o acondicionamento de viais coma as estradas que unen o municipio con Sanxenxo e coa Armenteira.

    Redacción Salnés