Mergulladores do GEAS achan a arma homicida do parricidio de Esteiro

MUROS> A Garda Civil continúa coa investigación do parricidio de Esteiro. Despois de que o presunto autor do crime ingresase en prisión, o obxectivo era dar coa arma homicida. Mergulladores do GEAS localizaron a machada nunha inmersión realizada esta mañá no peirao da localidade.

O Xulgado de Garda de Muros decretou o ingreso en prisión de Antonio Mayo como presunto autor da morte do seu pais. O detido e único acusado polo homicidio non recoñeceu os feitos e declarou ante a Garda Civil que foran uns asaltantes encarapuchados que accederon á vivenda os que acabaron coa vida do seu pai.

A investigación continuou ó longo desta mañá coas inmersións dos mergulladores do GEAS que conseguiron dar coa arma homicida. A Garda Civil sospeitaba que o autor dos feitos a arroxara ó mar antes de dar aviso ó 112 co fin de desfacerse de probas que o puideran incriminar.

Mentres tanto, a pequena localidade de Esteiro segue consternada ante este tráxico suceso que se saldou coa violenta morte dun veciño moi coñecido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí