A Xunta recurrirá ó Constitucional de non modificarse a Lei de Cambio Climático

BARBANZA> A conselleira do Mar referiuse ó anteproxecto de Lei de Cambio Climático que se levará ó Congreso para o seu debate e aprobación. Segundo ela, de saír adiante tal e como está, poríase en risco a máis dun cento de instalacións marítimo-pesqueiras situadas no litoral galego.

Xa anuncia que de aprobarse así, sen a modificación do artigo 18.3 e 18.4, a Xunta o levará ó Tribunal Constitucional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí